blogue de toxo

Voltam as Mil Filhas de Pita !!!

pitaSabemos que os da Mesa por la Libertad Lingüística andam mobilizando-se assi que no nos ha quedar otra que desenfundar ao/á facha de guerra. Aprendamos a letra do himno espanhol creada polo gran gurú Leonardo Dantés e unamo-nos á sua convocatória como só nós sabemos. O día 7 de março @s Mil filhos de Pita no Obelisco da Corunha, porque los séculos escuros no hacen mal ninguno. Por que o espanholismo combate-se com ultraespanholismo...

Por que o espanholismo combate-se com caspa espanhola...

EM MARCHA AS MIL FILHAS DE PITA!!!

Venres 7, 19.59 horas.

Obelisco da Corunha

Notícia tirada de: Galiza Indymedia

Eu vou á Mani porque...

lapicesEu vou á mani porque o País non é noso, e moito menos dos que mandan. Pensan que porque os puxemos no poder non podemos quitalos, estabamos mal e agora estamos peor. Vou á mani simplemente porque é un toque de atención a este estupendo goberno en vísperas: hai cousas coas que non se negocia e Galiza é unha desas cousas. -Rocío Candales, mestra

Nós imos á Mani porque...

...consideramos que este mundo non nos pertenece senón que é a herdanza dos nosos fillos. -Plataforma Contra a Variante Interior de Noia

Domingo 17: somos cidadanía

maniEste domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela: Unha cita para berrar ben alto pola defensa do noso territorio e da nosa cultura. Unha cita para chamar a atención a unha clase política que non cambia as súas maneiras ao servizo dos intereses duns poucos e que independentemente da súa cor, continúa a darlle as costas á cidadanía.

Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela:

Contra as canteiras no Courel, contra a desfeita urbanística da costa, contra o plan acuícola, contra a instalación de industrias perigosas entre as casas dos veciños, a especulación, a desfeita. Contra as mentiras e a prepotencia propias do PP de toda a vida, e contra a decepción intolerable do goberno bipartito.

Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela:

Nós imos á Mani porque...

...Nos gusta Galiza e nom nos gustam as desfeitas. E porque como vezinhas estamos preocupadas nom só polo que ocorre no nosso bárrio senóm tamém máis alá. -Maria e Branca, Associaçom Vezinhal As Marias, Compostela

Eu vou á Mani porque...

 ...Som galego e lhe quero á minha terra. Porque despois dum cámbio político no que puxemos esperanzas estamos pior do que estavamos. -Jose Silva, taberneiro

Distribuir contido