blogue de lee holderton

Aviso para Arredem@s

imxEstimadas arredemas e arredemos. Debido a dificultades técnicas e de organización do colectivo, non foi posible ata o momento dar as altas de novos usuarios rexistrados. Os vosos datos foron perfectamente recibidos e nun prazo que agardamos que sexa o máis breve posible serán procesados para que poidades acceder aos servizos de autoedición do portal.

Así mesmo, estamos a axilizar as xestións para formalizar as solicitudes de asociación dos colectivos e particulares que vos puxéchedes en contacto.

Desde a ASC Arredemo, agradecemos a todas e a todos a confianza depositada nesta nova andaina da Rede de Acción Social, así como a vosa paciencia e a vosa disposición colaborativa.

Para calquera consulta podedes contactarnos en info@arredemo.info.

Goberne quen goberne, Galiza non se vende !!!!


Imagen_1Imagen_13Imagen_12

Praza da Quintana 13:00 h.                                                             Praza da Quintana 14:30 

Non se decata quen non quere....

Reserva entrada para a Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

reganosaDebido ás limitacións de aforo, recomendamos que reserves as túas entradas se desexas asistir á Ultranoite, telefonando ao 981 944 245.

Sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol)acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría,producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe aos veciños de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.

Distribuir contido