A Cidade da Cultura é xa un proxecto sen volta atrás, independentemente das polémicas. Así que só nos queda darlle o mellor uso posíbel. Propoño un parque temático: "Os políticos e a cidadanía", co obxecto de que os cidadáns sexamos informados a fondo da fartura de ideas e dos grandes esforzos que os políticos fan por nós. Propoño que os contidos, traballos e elección do persoal sexan subcontratados a empresas de familiares e amigos de políticos, así axudaremos a que melloren a súa situación económica, pois meréceno e teñen pouco soldo, como é notorio..-Un artigo de J.B.
E que haxa moitas novas tecnoloxías, audiovisuais, pantallas interactivas e actuacións musicais dos cantantes que máis gostan aos políticos no poder. A ver se dunha vez nos decatamos do moito que lles debemos. Confío en que o meu soño se faga realidade, ainda que lle chamen doutra maneira.


Planta de Gas de Reganosa ameaza Ría de Ferrol. Comité Cidadán de Emerxencia 












