Presentación do Galicia e acción de apoio a Isaac e ao IGI

galiciaA Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e o colectivo Burla Negra convocan a persoas e colectivos indignados co proceso de liquidación do proxecto cultural de Sargadelos a un acto de presentación e distribución pública do nº Cero do xornal Galicia que terá lugar este mércores ás 19:30 no IGI coincidindo co remate da xunta de accionistas na que, previsiblemente, será cesado nas súas funcións Isaac Díaz Pardo.

A recuperación simbólica do Galicia, a modo de "acción en rede contra o silencio" foi presentada o pasado sábado no Foro Negro, desenvolvido no Instituto Galego de Información e no que participaron máis de 50 colectivos e particulares cunha clara orientación de denuncia e reflexión sobre a situación social, cultural e ambiental que atravesa o país. A tal efecto, e para apioar a Isaac no difícil momento do próximo día 23 de xaneiro, convócase a un encontro de amizade con Isaac e á presentación do xornal para este vindeiro mércores 23 ás 19:30. Podes ver a versión en liña premendo na portada.

En breve, publicaremos máis información sobre as conclusións do FORO NEGRO, e novas seccións no portal de comunicación, en fase de teste e perfeccionamento.