A paisaxe de Galicia está, penso eu, de saldo. Véndese barata, regálase. Se cadra é porque non sabemos o que vale, porque ignoramos que teña valor algún. Ignoramos e, polo tanto, somos inocentes. Igual que nunha desas novas que, de cando en vez, saltan aos xornais, nas que se dá conta do achado dun obxecto de valor mítico ou incalculable (…aquela ópera perdida de von Weber, a penúltima carta de Rimbaud dende Marsella) nun recuncho esquecido dunha casa. .-Un artigo de Munilla & Rumbao
En efecto, estaba nesa caixa de papeis vellos que se levara aquel señor tan amable que nos limpou o faiado, o mesmo que agora vemos –velaí o tes no telexornal– vestido de etiqueta á porta de Sotheby's. E nos a mirar con cara de pampos.


Planta de Gas de Reganosa ameaza Ría de Ferrol. Comité Cidadán de Emerxencia 












