espectáculo Reganosa denuncia

Reserva entrada para a Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

reganosaDebido ás limitacións de aforo, recomendamos que reserves as túas entradas se desexas asistir á Ultranoite, telefonando ao 981 944 245.

Sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol)acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría,producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe aos veciños de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.

Distribuir contido