Eu vou á mani porque o País non é noso, e moito menos dos que mandan. Pensan que porque os puxemos no poder non podemos quitalos, estabamos mal e agora estamos peor. Vou á mani simplemente porque é un toque de atención a este estupendo goberno en vísperas:
hai cousas coas que non se negocia e Galiza é unha desas cousas. -Rocío Candales, mestra
Galiza non se vende
Eu vou á Mani porque...
Enviado por toxo en Mér, 02/13/2008 - 17:05.- Blogue de toxo
- Entra ou rexístrate para enviar comentarios
Nós imos á Mani porque...
Enviado por toxo en Mér, 02/13/2008 - 07:40....consideramos que este mundo non nos pertenece senón que é a herdanza dos nosos fillos. -Plataforma Contra a Variante Interior de Noia
- Blogue de toxo
- Entra ou rexístrate para enviar comentarios
Domingo 17: somos cidadanía
Enviado por toxo en Mar, 02/12/2008 - 22:22.
Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela: Unha cita para berrar ben alto pola defensa do noso territorio e da nosa cultura. Unha cita para chamar a atención a unha clase política que non cambia as súas maneiras ao servizo dos intereses duns poucos e que independentemente da súa cor, continúa a darlle as costas á cidadanía.
Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela:
Contra as canteiras no Courel, contra a desfeita urbanística da costa, contra o plan acuícola, contra a instalación de industrias perigosas entre as casas dos veciños, a especulación, a desfeita. Contra as mentiras e a prepotencia propias do PP de toda a vida, e contra a decepción intolerable do goberno bipartito.
Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela:
- Blogue de toxo
- Entra ou rexístrate para enviar comentarios
- Ler máis
Nós imos á Mani porque...
Enviado por toxo en Lun, 02/11/2008 - 23:52.
...Porque chegou o momento da cidadanía. Porque as estruturas tradicionais de poder non só non están respostar ás agresións ao medio, senón que as promoven directamente, ben por desleixo ben por convicción.-Verdegaia
Porque a legalidade só é vixente para os menos poderosos; porque a cidadanía ten pechadas as portas da participación real na definición de que país queremos mentres que o lobby político económico campa pola administración ao seu capricho; porque rexeitamos un sistema económico depredador e insustentábel; porque queremos unha Galiza que sexa un referente en sustentabilidade ecolóxica e xustiza social, que non parasite outros territorios e pobos e que asuma que so somos usufrutuarios do territorio non só galego senón planetario, a penas caseiros e caseiras das xeracións futuras.
- Blogue de toxo
- Entra ou rexístrate para enviar comentarios
Nós imos á Mani porque...
Enviado por toxo en Lun, 02/11/2008 - 07:42.
Imos á mani do domingo porque estamos fartas de que estraguem todo o litoral da Ría de
Vigo, fazendo recheos coa excusa de crear postos de traballo e que non son mais que un aumento da superficie portuaria para especular con ela e fazer poligonos industriais ilegais com empresas que nada teñen que ver coa actividade portuaria. Asi destruen toda a riqueza natural dun dos ecosistemas mais produtivos do mundo. Tamén por defender o medio ambiente e a nosa cultura de todas as agresións que estan a recibir. -Colectivo Bouzas-móvete
- Blogue de toxo
- Entra ou rexístrate para enviar comentarios
Eu vou á Mani porque...
Enviado por toxo en Lun, 02/11/2008 - 07:36.
Eu vou a mani porque xa vin desfacer un país e non quero repetir. Porque o noso silencio os axuda a destruir, porque a nosa impotencia os fertiliza na desfeita e porque nesa empresa non quero dar nin tabaco.Terra viva, vida digna e unha abraçada. Vémonos, e se non nos vemos que sexa por falta de luz. -Montse, de Salvemos Monteferro
- Blogue de toxo
- Entra ou rexístrate para enviar comentarios


Planta de Gas de Reganosa ameaza Ría de Ferrol. Comité Cidadán de Emerxencia 












