Galicia non se vende

Nós imos á Mani porque...

...Nos gusta Galiza e nom nos gustam as desfeitas. E porque como vezinhas estamos preocupadas nom só polo que ocorre no nosso bárrio senóm tamém máis alá. -Maria e Branca, Associaçom Vezinhal As Marias, Compostela

Eu vou á Mani porque...

 ...Som galego e lhe quero á minha terra. Porque despois dum cámbio político no que puxemos esperanzas estamos pior do que estavamos. -Jose Silva, taberneiro

Nós imos á Mani porque...

ortigueira...Estamos fartos de ter a administracción municipal diseñando a súa política ao servicio de dúas ou tres (mellor dúas) vontades, a costa da paisaxe (irrecuperable xa) do patrimonio (gravemente ferido) e os espacios protexidos (alarmantemente ameazados). Vamos á mani porque xa nos decatamos que tamén teñen á administracción autonómica da súa parte. Vamos para afearlles a conducta a todos eles. E para amolar, que é o que nos queda. -Ortigueira Sostible

Distribuir contido