Cultura

Perderon. Non conseguiron botalo

isaac_diaz_pardoMáis de cen persoas acudiron ao IGI para acompañar ao Isaac na xunta de accionistas na que previsiblemente ía ser cesado como conselleiro delegado do grupo que el mesmo, xunto cos seus compañeiros galeguistas, conseguiron sacar adiante en pleno franquismo. Foto Ajustin.

Os recentemente expulsados ex-traballadores e ex-traballadoras do IGI, amigos e amigas de Isaac, ex-traballadores e ex-traballadoras de Sargadelos, e colectivos sociais e culturais como SOS Courel, FEG, Comité de Emerxencia Cidadá da Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán,  Berrobambán, Chévere, Leña Verde, As Encrobas, Asociación Cultural Os Ancares, Fonte do Milagre, Cineclube Compostela, Adega, Lilith, Arraianos e Burla Negra, entre outros que acudiron á chamada da rede de Acción Sociocultural Arredemo, agardaron no espazo de exposicións do IGI ata o remate da xunta para dar un abrazo cariñoso a Isaac no contexto desta aldraxe.

Do que sabe Arredemo que aconteceu no interior da asemblea, os accionistas maioritarios non conseguiron achegar probas de ningún tipo que avalasen a censura que pretendían sobre Isaac e o actual consello de administración, polo que a súa intención de afastalo definitivamente do proxecto que el creou é, desde hoxe, máis esperpéntica se cadra. Cómpre salientar a defensa teimuda do espírito do proxecto cultural de Sargadelos, patrimonio da Galiza, por parte dos accionistas minoritarios, entre os que estaban Camilo Nogueira, Alonso Montero, Euloxio Ruibal, Luís Álvarez  Pousa, Xusto Beramendi, Tareixa Navaza, Paz Andrade, entre outros, e, por suposto, o propio Isaac, que se manifestou especialmente activo.

A política linguística do goberno bipartito

sarilleCase todo o mundo concorda en que as principais iniciativas a prol do galego no último século débense ás forzas nacionalistas. Tamén se considera que se estas forzas deixasen de actuar, as demais tendencias desentenderíanse do problema. Por iso é importante coñecer a política do BNG, a principal organización nacionalista, porque así podemos medir as enerxías e comprender cales son os obxectivos que verdadeiramente se pretenden acadar. Imos analizar ese comportamento no goberno da Xunta de Galicia, xa que é a institución decisiva á hora de normalizar a lingua galega.-Un artigo de Xosé Manuel Sarille

Despois das eleccións autonómicas, o PSOE e o BNG pactaron un programa de goberno que recolle cinco eixes centrais de goberno. Un deles é a normalización da lingua galega.

Presentación do Galicia e acción de apoio a Isaac e ao IGI

galiciaA Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e o colectivo Burla Negra convocan a persoas e colectivos indignados co proceso de liquidación do proxecto cultural de Sargadelos a un acto de presentación e distribución pública do nº Cero do xornal Galicia que terá lugar este mércores ás 19:30 no IGI coincidindo co remate da xunta de accionistas na que, previsiblemente, será cesado nas súas funcións Isaac Díaz Pardo.

A recuperación simbólica do Galicia, a modo de "acción en rede contra o silencio" foi presentada o pasado sábado no Foro Negro, desenvolvido no Instituto Galego de Información e no que participaron máis de 50 colectivos e particulares cunha clara orientación de denuncia e reflexión sobre a situación social, cultural e ambiental que atravesa o país. A tal efecto, e para apioar a Isaac no difícil momento do próximo día 23 de xaneiro, convócase a un encontro de amizade con Isaac e á presentación do xornal para este vindeiro mércores 23 ás 19:30. Podes ver a versión en liña premendo na portada.

En breve, publicaremos máis información sobre as conclusións do FORO NEGRO, e novas seccións no portal de comunicación, en fase de teste e perfeccionamento.

Cousas que a gente esquece...

... aínda que pareza mentira.

sechuUm amor.
Um paráguas no autobús.
A cabeça entre as nubes.
Umha palavra na ponta da língua.
Gernika, Iroshima.
A história da tua própria família
.-Un poema de Séchu Sende

A volta de Isaac Díaz Pardo

ferminbouzaCando na fin da guerra civil, tras o golpe de estado do 36, o conxunto do que chamamos España reconvértese nun país nacionalcatólico, regresivo e cavernario, nun salto atrás de varios  séculos, unha das cousas que desaparece da paisaxe e aquela idea da vangarda que encheu de novos pulos ás xeracións de Isaac e mesmo a algunhas anteriores.-Un artigo de Fermín Bouza

Galicia asolágase na auga reaccionaria do novo réxime e as ondas dese mar chegan ata os recunchos mais arrecunchados. Unha idea do mundo propia daquel réxime (e tamén lonxe dos usos e costumes cotiáns dos outros feixismos e nazismos, aínda preto estes de certas vangardas, coma o futurismo, entre outras) que racha coa mentalidade nacente dunha arte autocrítica e que anda rompendo cos seus principios históricos.

Cruzamos a linha?

valentimfagimQuando durante séculos, os habitantes de um país não presenciam a sua língua nas bocas e nas mãos do poder, podemos concluir que nem existe país, nem língua. No seu lugar, uma rede vai-se desenhando por volta do próprio falar, aprisionando-o e marcando-lhe limites. No idioma da Galiza esta linha incontornável tem-se manifestado de três formas fundamentais e para cada uma delas o Sentido Comum (SC) tem elaborado máximas paralisadoras, aprimoradas geração após geração:.-Un artigo de Valentim Fagim

Limite 1: Há espaços sociais que a nossa língua não pode ocupar. Em 1870 era a poesia não folclórica, em 1951 as colunas dos jornais, hoje a TV por cabo. A formulação do SC (Sentido Comum) é "o galego serve para o que serve" às vezes seguida de "E na verdade não serve para muito".

Distribuir contido