Ecoloxía

'Unha lousa sobre o Courel'

namchefilms_i000012Así se titula o último traballo de Namche Producións e a Fundación Galicia Verde, relizado por Henrique Banet e Mabel Rivera en colaboración con SOS Courel e que se presenta o venres, ás 11:00 horas, no Club Internacional de Prensa de Santiago. Ver avance aquí

Unha lousa sobre o Courel pretende, nas palabras do realizador Henrique Banet e a produtora, Mabel Ribera, "romper o muro de desinformación interesada que se teceu arredor", fundamentalmente, "da serra da Campa, tratando de lle facer crer aos habitantes do Courel que esta é a única alternativa de traballo e impedindo, ao tempo, que se desenvolva un Parque Natural que si sería a solución máis idónea para a comarca con maior biodiversidade de Galiza".

Poñer a economía no seu lugar. Bases para o progreso económico da Galiza

horreoO extraordinario desenvolvemento que nos séculos XVII e XVIII tiveron os medios de cambio ou pagarés, estivo moi relacionado coas necesidades dun comercio crecente entre puntos cada vez máis distantes, pero tamén có propósito de distraer os capitais da burguesía da fiscalización dos soberanos absolutos. A través da letra de cambio o diñeiro se facía máis facilmente substraible á recadación e, consecuentemente, ao uso arbitrario por parte do soberano. Nese contexto a mobilidade do capital tiña mesmo un carácter libertario..-Un artigo de Gonzalo Rodríguez

Co proceso de globalización, fundamentalmente financeira, a invisibilización do capital tense extremado e o problema que se plantexa é como xulgar esta evasión do diñeiro cando o soberano é o conxunto da sociedade.

O espírito da aldea de Froxán: ou de cómo recuperar a vida e o patrimonio do Courel

froxanNa actualidade a Serra do Courel atravesa unha situación crítica debido á falta de apoio por parte das institucións galegas. É necesario con urxencia inverter a tendencia de despoboación e a acelerada perda da súa riqueza patrimonial. É momento de facerse eco das revindicacións da Plataforma SOS COUREL, e poñer fin á destrución do patrimonio e darlle saída a gran riqueza dun xeito sustentable..-Un artigo de Victorino Regueiro

Hai uns anos descubrín O Courel. Para min era algo casi místico, polas historias que me contaban amigos que por alí van, a Hórreos, pobo-esquelete, baleiro, silencioso... e outros que me falaban de Vilar, do Lor...

Territorio e Medio Ambiente: unha década catastrófica?

Cabo VilánAntes de pensar en facer país quizais habería que considerar qué é un país e cáles son aqueles elementos que o definen. Puidera parecer, a estas alturas, unha pregunta retórica pero visto o escenario actual cabe máis que nunca facerse este tipo de preguntas. Parece claro que a cultura e a lingua son elementos definitorios dun pobo. Pero quedarse neste punto é claramente deficitario e proporciona respostas sesgadas e miopes.-Un artigo de Martiño Nercellas e Xavier Vázquez Pumariño

Así, parece haber un certo consenso en torno a cuestións como a recuperación da lingua, un certo orgullo na defensa da nosa cultura e no recoñecemento das nosas raíces. Mais todo isto non xurde no baleiro senón máis ben nun espacio físico e nun territorio concreto cunhas características peculiares que son o molde do propio país.

A paisaxe inadvertida

courelribaoA paisaxe de Galicia está, penso eu, de saldo. Véndese barata, regálase. Se cadra é porque non sabemos o que vale, porque ignoramos que teña valor algún. Ignoramos e, polo tanto, somos inocentes. Igual que nunha desas novas que, de cando en vez, saltan aos xornais, nas que se dá conta do achado dun obxecto de valor mítico ou incalculable (…aquela ópera perdida de von Weber, a penúltima carta de Rimbaud dende Marsella) nun recuncho esquecido dunha casa. .-Un artigo de Munilla & Rumbao

En efecto, estaba nesa caixa de papeis vellos que se levara aquel señor tan amable que nos limpou o faiado, o mesmo que agora vemos –velaí o tes no telexornal– vestido de etiqueta á porta de Sotheby's. E nos a mirar con cara de pampos.

Da necesidade (non satisfeita) de reiniciar a máquina de gobernar o territorio.

Pedro de LlanoPorto exterior, aeroporto, polígono residencial, parque empresarial, parque ofimático e tamén parque natural, centro comercial e centro de ocio, conxestión e desertización, autoestrada, vía rápida e anel periférico, campus universitario, macrohospital, cidade da cultura, porto deportivo, ferrocarril de alta velocidade e de cercanías... Estes son só algúns dos dispositivos funcionais cos que se está a construír -cunha inusitada virulencia- actualmente o territorio en Galicia..-Un artigo de Plácido Lizancos

Quen define eses dispositivos? Quen os organiza, estructura, coordina, programa, avalía...? Onde se sitúan e como se dimensionan? Prevéronse os seus efectos? Sabe alguén se resultan afectuosos coa calidade de vida das xentes?

Distribuir contido