Antes de pensar en facer país quizais habería que considerar qué é un país e cáles son aqueles elementos que o definen. Puidera parecer, a estas alturas, unha pregunta retórica pero visto o escenario actual cabe máis que nunca facerse este tipo de preguntas. Parece claro que a cultura e a lingua son elementos definitorios dun pobo. Pero quedarse neste punto é claramente deficitario e proporciona respostas sesgadas e miopes.-Un artigo de Martiño Nercellas e Xavier Vázquez Pumariño
Así, parece haber un certo consenso en torno a cuestións como a recuperación da lingua, un certo orgullo na defensa da nosa cultura e no recoñecemento das nosas raíces. Mais todo isto non xurde no baleiro senón máis ben nun espacio físico e nun territorio concreto cunhas características peculiares que son o molde do propio país.


Planta de Gas de Reganosa ameaza Ría de Ferrol. Comité Cidadán de Emerxencia 












