Economía

Poñer a economía no seu lugar. Bases para o progreso económico da Galiza

horreoO extraordinario desenvolvemento que nos séculos XVII e XVIII tiveron os medios de cambio ou pagarés, estivo moi relacionado coas necesidades dun comercio crecente entre puntos cada vez máis distantes, pero tamén có propósito de distraer os capitais da burguesía da fiscalización dos soberanos absolutos. A través da letra de cambio o diñeiro se facía máis facilmente substraible á recadación e, consecuentemente, ao uso arbitrario por parte do soberano. Nese contexto a mobilidade do capital tiña mesmo un carácter libertario..-Un artigo de Gonzalo Rodríguez

Co proceso de globalización, fundamentalmente financeira, a invisibilización do capital tense extremado e o problema que se plantexa é como xulgar esta evasión do diñeiro cando o soberano é o conxunto da sociedade.

Nin dentro nin fóra

xelisHai uns anos escribín esta frase espléndida: "Non é certo que Castelao morrese, está vivo, está recollendo diñeiro e apoios entre as comunidades emigrantes para voltar a terra e botar os caciques fóra". Non ven a conto explicar neste pequeno vertedeiro de palabras porque inventei semellante frase. Sonche outras leiras e outras guerras.-Un artigo de Xelís de Toro

Pero tráioa aquí, porque estas palabras, son como o pano que garda o ouro de sentimentos nacionalistas de longo percorrido. Un é a morte de Castelao fóra da terra e o seu  testamento de que o seu corpo non voltase ata que esta estivese liberada, o pai da patria enterrado en terra allea, e outro é a emigración no imaxinario colectivo como posuidora da nosa enteireza nacional en tempos dificiles.

Multinacionais galegas: notas para unha reflexión

inditexDe todos é sabido que a economía galega atópase tradicionalmente volcada ao mercado español. Porén, nas últimas décadas esta situación foi mudando coa ampliación do mercado a outros países. Nesta crecente internacionalización pódense identificar certas tendencias que veñen dictadas por empresas moi concretas, como é o caso da multinacional francesa Citroën..-Un artigo de Óscar Rodil

Sen embargo, esta caracterización quedaría incompleta se non consideramos tamén o papel xogado polas multinacionais de orixe galego. Referencias inequívocas da súa importancia son os casos de empresas tales como Inditex ou Pescanova, entre outras.

Distribuir contido